Cómo combinar as túas prendas de SomosOcéano

Cómo combinar tus prendas de SomosOcéano

Unha das frases máis repetidas todas as ma´ñ´áns é "¡Non teño nada que poñerme!" E o máis seguro ´´e que teñas o armario cheo de roupa bonita e apetecible. Ás veces temos a cabeza erma de ideas e xa non se nos ocorren combinacións para lucir a nosa roupa, así que pensei en facer un pequeno post inspiracional no que as prendas de SomosOcéano sexan as protagonistas amosándovos algunha forma diferente de combinalas. Unha das máximas da moda sostible é facer prendas duradeiras e versátiles, desta maneira comprobaredes as moitas posibilidades que teñen as pezas de SomosOcéano para que as utilicedes o máis posible e non teñades que invertir noutras novas (reducindo así o impacto medioambiental)

E para darlle un plus de utilidade a esta entrada quixemos completar os conxuntos con pezas e prendas de marcas que dalgunha forma sexan sostibles, veganas, solidarias ou cun compoñente artesanal,  e así de paso coñecemos o traballo de novas novas marcas de moda máis alá das típicas cadeas low cost.

AIRE BOHEMIO: O noso suadoiro Merda non pode estar mellor acompañado que xunto a unha preciosa "chompita" da marca My Little Piura (parte da venda das súas prendas vai destinada a unha ONG), creando unha forma diferente  e orixial de abrigarse. Os collares son de Med Winds (o da serea) e de Li Jewels (peixes e sol).

AIRE URBANO: Neste post comprobaredes que somos uns apaixonados das mesturas, como neste caso un abrigo de corte tradicional como este en cor camel de Med Winds (unha marca que aposta por fabricar o 100% da súa producción en fábricas de proximidade), co noso suadoiro Depende. Completan o look uns dos nosos calcetíns más simpáticos, os Chimpíns en cor verde, cunha mochila de Ecoalf (feita con botellas de plástico reciclado) e unhas preciosas zapatillas da marca francesa Veja (da súa colección vegana).

AIRE CREATIVO: Cando vin esta falda pantalón de MyFaldas (unha marca de moda sostible especializada en faldas) pensei que quedaría perfecta coa camiseta Marcho que teño que marchar en cor gris porque unía unha prenda moi femenina con outra de aire unisex como é a nosa camiseta. Para redondear o look, un orixinal bolso redondo de Musa Bamba, con zapatos de dous tonos de Ray Musgo (marca de zapatos ecolóxicos) e precioso precioooooso anel de Urban Fawn (marca de xoiería ecofriendly).

AIRE SEXY: A verdade é que vendo o look que montei creo que teño unha visión moi particular do que é sexy! :-) Eu aposto por un sexy moi sutil e con certo aire deportivo por iso un pantalón básico negro de Stella McCartney (deseñadora comprometida có medio ambiente) coa nosa camiseta máis "luxosa", a Riquiña en ouro é unha combinación acertadísima se ademáis lle engadimos un suxeitador suxerente como o de Reset Priority (sí, tamén hai lencería sostible) que apenas asome polo teu ombreiro. Rematamos o conxunto cunhas mules atrevidas de Stella McCartney e pulseira preciosa preciosaaa de Urban Fawn (creo que estou namorada desta marca!)

AIRE MAR: Para eles os conxuntos mariñeiros resultan sempre moi estilosos. Podes probar a combinar a túa camiseta Praias cunha bomber básica como a de Med Winds, e detalles máis especiais como un gorro colorido tecido a man, ou a bolsa de tela de Esturirafi cunha potente mensaxe para levar todas as túas cousas (entre os rapaces últimamente vexo moitas bolsas de tela, cousa que é toda unha ledicia). Para chegar a un conxunto de sobresaínte, os calcetíns Nécoras de SomosOcéano e as zapatillas veganas de Veja como combinación gañadora.

AIRE NAÏF: ¿Existe unha prenda máis polivalente cunha camiseta mariñeira? ¡As posibilidades son infinitas! Pero para darvos unha idea diferente podedes probar a nosa, xa clásica, camiseta Riquiña cunha falda con persoalidade, como esta de Med Winds. Un bolso especial como este modelo en cor burdeos creado por Miolos Design máis uns pendentes con forma de cerviños daranche un toque femenino e naïf para utilizar durante calquer estación do ano.

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    Ray Musgo (martes, 07 febrero 2017 12:49)

    ¡Muchas gracias por contar con nuestros zapatos ecológicos para este post taaaan interesante! :) Por suerte, ya no hay excusa para vestir de forma más sostenible de la cabeza a los pies, y con este post y vuestras prendas, lo ponéis aún más fácil.

    Un abrazo!!

  • #2

    S (martes, 07 febrero 2017 14:20)

    A vosotros por hacer zapatos tan monos! Un saludo desde Galicia!