Por qué amamos las camisetas marineras

Famosos con camisetas de raias / famosos con camisetas de rayas

Repasando os deseños que temos e xa pensando no vindeiro outono-inverno caín na conta de canto me gustan as prendas de raias. Non só porque deseñemos para SomosOcéano unhas camisetas de raias preciosas senón que dinme conta que teño un montón de xerseis e camisas raiadas doutras marcas e deseñadores que son básicas no meu armario. Porque non me digades que as camisetas de raias non son versátiles, prácticas, estilosas: ¿queredes máis argumentos para amar estas prendas tanto coma nós?

 

 

Pero non só en SomosOcéano estamos prendados das camisetas de raias; esta peza é un básico que verdadeiramente non pasa de moda porque como veredes no post que estades a ver, dende principios de século actores, actrices, cantantes e personalidades de todo tipo e de tódolas épocas son fans das camisetas raiadas. Facendo este post estiven a piques de volverme tola porque hai unha cantidade inmensa de material! Así que fixen unha selección para que vexades as múltiples posibilidades que ten esta prenda e vos animedes a añadila tanto ós vosos conxuntos máis arranxados coma para os máis casuais.

Repasamos os nomes por se non recoñecedes a algunha persoaxe (de esquerda a dereita e por filas). Anne Hathaway, actriz e gañadora dun premio Óscar por Os Miserables, Alexa Chung, presentadora e it girl, Anthony Perkins, actor e protagonista de Psicosis, Audrey Hepburn, actriz e o icona do estilo por excelencia, Bob Dylan, cantante e moi o seu pesar Premio Nobel de literatura, Carey Mulligan, actriz, Brigitte Bardot, actriz, Cary Grant, actor e un dos homes máis elegantes nunha pantalla, David Bowie, cantante e ídolo total, Gabrielle Chanel, deseñadora de moda e culpable da moda das camisetas de raias, Debbie Harry, cantante de Blondie, e Elvis Presley, simplemente o rey do rock.

A recentemente oscarizada actriz, Emma Stone, Jackie Kennedy, icona de estilo, Emma Watson, actriz e agora activista tamén (ídola!), Frank Sinatra, cantante, Keanu Reeves, actor (¿pódese sair máis guapo nunha foto? Cando a atopei case caio do desmaio... crush total!), Gael García Bernal, actor, Jenna Lyons, CEO de J.Crew, James Dean, actor, Jean Seberg, actriz e icona total de estilo en À bout de souffle, John Lennon, cantante e compositor, John John Kenney de neno, Jonny Depp, actor.

Kurt Cobain, cantante e máximo expoñente do grunge, Jenna Lyons, CEO e deseñadora de J.Crew, Marlon Brando, actor, Michiel Huisman, actor (o mellor sen barba non o recoñecedes, é Daario Naharis en Game of thrones), Mick Jagger, cando era un pimpín en The Rolling Stones, Wallis Simpson, socialité estadounidense e que case acaba cós alicerces da monarquía inglesa, Miranda Kerr, modelo, Picasso, artista, Robert Downey Jr, actor, Emma Watson, actriz, Robert Reford, un dos actores con máis presenza de tódolos tempos, e Ryan Gosling, actor.

Aquí tedes a nosa selección de camisetas de raias: a Riquiña Mariñeira en 100% algodón, a Riquiña Ouro con algodón e lúrex, a Riquiña clásica con detalle bordado, a camiseta Corazón das Illas Cíes, a camiseta Riquiño en 100% algodón tamén, e a Marcho que teño que marchar ouro. E por suposto as versións para os máis pequenos! En SomosOcéano amamos as camisetas mariñeiras!!!!

Escribir comentario

Comentarios: 0