Por fin podemos amosarte a tan agardada colección de calcetíns Xabarín Club deseñada en colaboración coa TVG. Unha colección feita con extra de cariño e morriña por esas tardes diante do televisor comendo bocadillos de nocilla e chourizo, cantando as cancións dos bizarros videoclips do clube, facendo a onda vital e gritando “Por fuciños, por cacheiras!“.
Dende XA podes acceder á prevenda desta colección de calcetíns; todos os pedidos que inclúan algún modelo desta coleccción cápsula comezaranse a enviar a partir do 13 de outubro de 2020.
O programa máis famoso da televisión galega xa ten a súa propia colección de calcetíns! Fixemos catro modelos que agardamos que se adapten a todos os vosos estilos:
-Modelo Xabarín deportivo: en cor cru e con raias de estilo vintage é o modelo perfecto para facer exercicio, skate ou simplemente para lucir ben subidos e estirados nos teus looks máis urbanos.
-Modelo Xabarín negro: pensado para os que buscan un par de calcetíns discretos pero que o mesmo tempo seguen querendo ter un toque de orixinalidade.
-Modelo Xabarín rock: en talle de adulto e tamén para nenos! Non podía faltar un modelo adicado á música e a todos eses videoclips que nos facían rir e deixarnos a gorxa cantando.
É un pracer poder amosarvos por fin esta colección cápsula de calcetíns Xabarín Club porque foron meses de moito traballo e de ter que ter a boca pechada para que nada se gafase jajajajaja Encántanos poder ofrecervos unha colección tan especial que nos remite a tan bos momentos da nosa infancia, fronte ao televisor, onde non había preocupacións nin grandes problemas nin nada que se asemellase!
Non hai rapaz e rapaza galega que ronde os 30 anos que non se sinta tremendamente apegado a este programa tan mítico da televisión galega; dende as felicitacións de cumpreanos coas nosas caras na tele! o marabilloso carnet de socio, os videoclips musicais con nomes tan relevantes da música nacional como Victor Coyote, Manuel Manquiña, Siniestro Total, Diplomáticos de Monte Alto, Aerolíneas Federales ou O caimán do río Tea, e por suposto as frases máis lexendarias da televisión infantil galega:
-Por fuciños, por cacheiras!
-Somos do clube da galega!
-Oink, oink
-O leite mola!
-E ti, xa eres do clube? Afíliate!
Moitísimas grazas á Televisión de Galicia por confiar en nós para levar adiante todo esta colección que agardamos que sexa a primeira de moitas máis.
Hai algún xeito de atopar os deportivos en talla 42??? Solo os atopo en tallas pequenas.
Ola Jorge! Podes atopar a colección de Xabarín neste enlace: https://www.somosoceano.com/c/calcetines/xabarin-club/ Verás que tes modelos deportivos de todas as tallas! Apertas!