A importancia das vacalouras

Cando pensamos en animais en perigo de extinción ou protexidos pensamos nas impresionantes baleas ou nos simpáticos osos panda, pero non se nos ocorre pensar que moi pretiño de nós, as nosas ben queridas vacalouras ou escornabois teñen un futuro bastante complicado. Por iso é que en SomosOcéano quixemos facerlle unha homenaxe coas prendas  e calcetíns que lles adicamos.

Camiseta Vacaloura SomosOcéano calcetines

 

 

As vacalouras ou escornabois son os maiores insectos de Europa. A vacaloura pasa a maior parte da súa vida como unha larva que vai alimentándose no interior do tronco dunha árbore. Cando por fin maduran e saen ó exterior, nútrense coa savia das árbores, chegando a medir ata 8 centímetros e a súa vida adulta ronda máis ou menos un mes soamente.

Os característicos "cornos" dos machos non son tal, senón que son mandíbulas moi desenvoltas que lles serven para enfrentarse a outros machos na fase do cortexo.

Calcetíns galegos Vacaloura SomosOcéano

Actualmente os escornabois soen especies protexidas pola lexislación. E por qué estes insectos teñen que ser protexidos? Pois porque estamos esquilmando o seu hábitat natural e cada vez quedan menos exemplares.

Veredes, como explicábamos antes, a maior parte da vida destes insectos é como larvas comendo madeira de troncos, preferentemente das árbores en descomposición. Actualmente as políticas de montes priorizan o clareo dos bosques coa retirada de árbores mortas para que o monte quede "limpo", cando a aposta debería ser polos bosques naturais (queda un pouco raro iso de "bosque natural" pero é así) onde as especies autóctonas sexan as protagonistas e onde abunde a frondosidade e a humidade.  Resulta evidente que se desfacemos o hábitat onde as vacalouras tecen a súa vida, estes insectos estean condeados a un futuro incerto.

Unha aposta por bosques con especies autóctonas de carballos, por exemplo, conseguirá unha masa forestal estable, saudable, que funciona como un saneamento natural, máis resistente ás plagas e enfermidades e máis forte frente a adversidades tales como incendios.

Como ben sabedes, en SomosOcéano apostamos polas prendas máis riquiñas e por unha moda sostible e con conciencia. Por iso nesta derradeira colección quixemos facer un pequeno xesto coa nosa natureza e apostar por dar a coñecer a problemática destes insectos tan curiosos a través dunha liña de calcetíns e camisetas onde as vacalouras e os carballos son as estrellas. Porque ainda que o noso nome di que "somos océano" non debemos esquecer que tamén "somos monte".

Ana

Escribir comentario

Comentarios: 0