En SomosOcéano non podemos estar quietos: encántanos innovar e crear produtos diferentes. Así que pensando, pensando ocurriusenos que os nosos calcetíns poderían chegar empaquetados dunha forma nova e orixinal… enlatados! E dímonos conta de que tiña todo o sentido porque SomosOcéano basa os seus deseños no mar, nas ondas, no peixe… e además en Galicia a industria pesqueira e conserveira é todo un referente, así que non podíamos tramalo mellor. Ademáis ten un compoñente personal moi forte, seguide lendo e explícovos a cuestión.
Galicia débelle tantísimo ao mar! Dende finais do século XIX en todo o litoral galego existían salazóns que se ocupaban de tratar o peixe traído directamente dende as costas do noroeste para comercializalo por todo o país. Foi a través da innovación francesa da conserva en aceite, que moitos destos salazóns optaron polas novas posibilidades que esta nova técnica lles ofrecía. A chegada da burguesía catalana ás costas galegas para a implantación das primeiras industrisas conserveiras plagou ás vilas de fábricas con apelidos cataláns como Massó, que chegou a ser a conserveira de peixe máis grande de toda Europa, Font, Curbera, Llovet, Goday…
A forza motora da maior parte desta industria viu da man de obra femenina, dende nenas de doce anos, idade mínima para o traballo, as mulleres maiores porque non había límite para deixar de traballar, elas ocupáronse do empaquetado, da soldadura, do aceitado, da carrexar a mercancía dos barcos, de introducir manualmente o produto nas latas…
Elas, as mulleres galegas, sempre foron un exemplo de traballo, independecia e sacrificio. E unha destas mulleres foi a miña avoa. Ela traballou máis de quince años nunha das industrias auxilares que naceron baixo o manto das conserveiras: empresas que desenvolvían pranchas de estaño, outras que se adicaban a crear ás gráficas, ata, evidentemente, ás fábricas que se adicaban a producir as latas! Pois a miña avoa traballou nunha destas últimas fábricas.
A miña avoa contaba moitas anécdotas sobre o seu traballo na fábrica e sobre as súas compañeiras, pasou moi bos momentos alí e tamén outros duros porque tal e como conta a miña nai, tiña que facer as tarefas da casa rápida como un raio, atendela a ela e sair pitando para ir traballar (en aqueles momentos o da conciliación era un termo que nin se prantexaba).
Ela, como tantas mulleres en Galicia, non se quedou de brazos cruzados ante as adversidades da época e có seu traballo e esforzo sacou adiante a súa familia xunto co meu avó. Estou moi orgullosa dela por todo o que acadou nunha época especialmente complicada para o desenvolvimento profesional e persoal das mulleres. Recordo ir con ela no bus ou pola rúa e recoñecer a ex-compañeiras e cómo se poñían a falar de cales eras as melloras na maquinaria ou nas condicións de traballo. Ata asistindo ó 50 aniversario da festa de aniversario desta empresa coñecía a xente! Vai por ti, avoa!