Colaboración SomosOcéano e Carrick

Colaboración SomosOcéano e Carrick

Durante toda esta semana compartiremos a nosa paixón polo “riquiñismo” coa tripulación de Carrick, para festexar o Día das Letras Galegas 2018, este ano adicado á profesora e escritora María Victoria Moreno Márquez. Apúntaste?

Eles son a marca de referencia no mundo dos accesorios mariñeiros e xuntos preparamos a colección Illas CíesTres paquetes de edición limitada que expresan o noso amor común a Galicia, ao salitre, ao norte e a moda sostible.

Poderás atopar as pulseiras co sabor máis mariñeiro unido ás camisetas máis riquiñas e os calcetíns coas mellores vistas das Rías Baixas cun precio moi especial: imos velos!

Paquete Faro SomosOcéano e Carrick
Paquete Faro

PAQUETE FARO

O paquete Faro está composto por unha camiseta Riquiña Mariñeira e unha pulseira de Carrick, modelo Mini Henley.

-Pulseira da marca Carrick, modelo Mini Henley en áncora negra.

Pulseira náutica axustable con nós corredizos. Trátase do mesmo modelo que a Henley en áncora negra, pero nun tamaño inferior, pensado especialmente para pulsos delgados. Fabricada a mano, en España, con cabos de poliéster de moi alta tenacidade, resistentes á abrasión e flexibles que se adaptan perfectamente. A áncora está fabricada en aceiro AISI 316, resistente á corrosión da auga salgada.

-Camiseta 100% algodón de estilo mariñeiro, en color cru con raias vermellas e azul mariño. Cun amplo escote redonde e cortes sen rematar para darlle un aspecto informal. Bordado en azul mariño coa palabra “Riquiña”.

Paquete San Martiño SomosOcéano y Carrick
Paquete San Martiño

PAQUETE SAN MARTIÑO

O paquete San Martiño está composto por un par de calcetíns Cíes e unha pulseira de Carrick modelo Proa.

-Pulseira da marca Carrick modelo Proa en áncora prateada.

Pulsera náutica unisex e axustable a todos os pulsos con nós corredizos. Fabricada a mán, en España, con cabos de poliéster de moi alta tenacidade, resistentes á abrasión e flexibles que se adaptan perfectamente. A áncora está fabricada en aceiro AISI 316, resistente á corrosión da auga salgada.

-Calcetíns Cíes coas vistas máis bonitas das Rías Baixas, as Illas Cíes. No seu deseño atoparás bateas, unha praia, delfíns e ata un submarinista! Os calcetíns están confeccionados en algodón peinado con máquinas de 200 agullas o que lle confire unha maior definición ós debuxos. Resultan comodísimos xa que están deseñados sen costura na punteira.

Paquete Monteagudo SomosOcéano e Carrick
Paquete Monteagudo SomosOcéano e Carrick

PAQUETE MONTEAGUDO

O paquete Monteagudo está composto por unha camiseta Riquiño e unha pulseira de Carrick modelo Henley.

-Pulseira da marca Carrick modelo Henley en áncora prateada.

Color azul mariño con detalles en vermello e branco.

Pulsera náutica axustable con nós corredizos. Fabricado a man, en España, con cabos en políester de moi alta tenacidade, resistentes á abrasión e flexibles que se adapten perfectamente. A áncora está fabricada en acero AISI 316, resistente á corrosión da auga salgada.

-Camiseta 100% algodón de estilo mariñeiro, en cor cru con raias vermellas e azul mariño. Escote redondo e manga curta. Bordado en fío azul mariño coa palabra “Riquiño”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable del tratamiento: SomosOcéano
Finalidad: Permitir que el usuario publique un comentario.
Derechos: Acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, de limitación y oposición a su tratamiento, así como otros detallados en la información adicional sobre protección de datos.

Abrir chat
Hola 👋 , ¿en qué podemos ayudarte?