Emprendedores, tedes que coñecer Pont-Up Store!

Pont Up Store evento emprendimiento

Imos ver… eres emprendedor e ainda non coñeces Pont-Up Store? Uyyyyy!!!

Pois imos a poñerlle solución xa mesmo.

Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. Este setembro de 2018 celébrase a quinta edición  e podemos afirmar que este evento e un espazo de referencia do novo emprendemento en Galicia e o noroeste peninsular, como amosan os preto de 200 proxectos emprendedores reais e en funcionamento que son mostra da capacidade de iniciativa e creatividade existente en Galicia e no noroeste da Península.

“E qué pode facer Pont-Up polo meu proxecto?”, dirás ti como emprendedor e eu asegúrote que moitísimas cousas!

Para comezar durante estas xornadas terás a oportunidade de asistir a moitas charlas e presentacións moi interesantes e de grandísimo nivel sobre diferentes aspectos do emprendemento.

Tamén terás a posibilidade de presentar en público o teu proxecto a importantes empresas e entidades galegas para que te acheguen as súas impresións, esto é o que se chama Puntazo Exprés.

O mellor é que queres amosarnos en vivo e en directo as túas habilidades ou demostracións dos teus produtos, pois aqui tamén tés un espazo para que o fagas.

E por último Pont-Up ofrece un espazo gratuito para que druante os dous días do evento deas a coñecer a túa empresa e/ou vender se tes produto. Ademáis poderás desenvolver actividades dentro do teu tenderete, independemente das do programa de dinamización que se levarán a cabo no espazo central do Pont-Up. 

Toda, todiña a información sobre Pont-Up Store podes consultala na súa web, aquí.

Esta imaxe é desta mesma semana en Pontevedra durante a presentación aos medios da nova edición 2018. E ainda que eu non aparezo na foto cóntovos que este ano tiven o inmenso honor de que me ofrecesen ser membro do Comité Organizador. 

Entre as miñas labores como “embaixadora” do Pont-Up é pensar en formas de dinamizar este evento (que algunha cousiña moi especial xa andamos a rumiar…), elexir ós participantes para este 2018 pero sobre todo, toooodo é que como antiga participante vos anime a participar, porque merece moitísimo a pena, amigos emprendedores!!!!

Mirade que chulita estaba no tenderete de SomosOcéano dentro do Pont-Up o ano pasado! Jajaja 

Pont Up Store stand de SomosOcéano

Para que vexades, durante esos dous días en Pontevedra fixemos entrevistas para diferentes medios (ata unha conexión en directo na TVG!!!), atendimos a un feixe de xente que quería coñecer os nosos productos, falamos con rapaces de diferentes ciclos formativos sobre a grande aventura que é montar a nosa propia empresa e coñecimos a outros emprendedores a mar de riquiños (ó noso lado estaban May e as súas preciosas bonequiñas de Woodding e a arquitecta María Ferreirós explicando que é a bioconstrucción…) e todo isto DE BALDE!!!

Pero é que no ano 2016 participei no Puntazo Expres (o que vos contaba de presentar o teu proxecto (a diferentes entidades e grandes empresas galegas). Foi unha experiencia moi fructífera porque déronme puntos de vistas cos cales non contaba e incluso con algún deles tivemos xuntanzas posteriores para asesorarme! Moi guay! Non ven ó caso pero estoume a decatar que levo o mesmo pantalón en 2016 e 2017 jajajajaja

Así que amigos emprendedores supoño que estaredes súper convencidos de que tedes que enviar a vosa candidatura para participar na quinta edición de Pont-Up Store: vémonos en setembro!!!

Pont Up Store evento de emprendemento

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable del tratamiento: SomosOcéano
Finalidad: Permitir que el usuario publique un comentario.
Derechos: Acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, de limitación y oposición a su tratamiento, así como otros detallados en la información adicional sobre protección de datos.

Abrir chat
Hola 👋 , ¿en qué podemos ayudarte?