catro ventos editora + somosocéano

Para celebrar o Nadal, Catro Ventos Editora e SomosOcéano únense para facer lotes de produtos onde a lectura e os calcetíns máis quentiños forman unha combinación irresistible para agasallar a un prezo especial.

Catro Ventos Editora é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en Vigo e que se rixe polos principios de sustentabilidade ambiental, traballo xusto, sustentabilidade económica, equidade, cooperación e compromiso coa contorna. 

Aquí tedes os lotes que preparamos para vós, se premedes nas imaxes enviaravos á web da editora onde podedes mercalos.

Lote Caderno de campo + Nécoras

 Caderno de campo das illas Cíes

Esta compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista) pon en valor o patrimonio natural das illas Cíes e permitirache desfrutar das rutas tamén desde o sofá da casa grazas aos códigos QR con sons do ecosistema que acompañan a diversas láminas.

 

 

 

Lote Libro dos océanos + Xoubas

 O libro dos océanos

 

Este libro é un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

Lote Libro dos océanos + Polbos

O libro dos océanos 

 

 

Este libro é un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

Lote Dúbidas sexualidade + Percebes

 Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo

Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? A xinecóloga Sabela Iglesias responde as preguntas máis frecuentes dos adolescentes de hoxe e ofrece unha completa e necesaria descrición dos diferentes métodos anticonceptivos.