Emprendedores, tedes que coñecer Pont-Up Store!

Imos ver... eres emprendedor e ainda non coñeces Pont-Up Store? Uyyyyy!!!

Pois imos a poñerlle solución xa mesmo.

 

Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. Este setembro de 2018 celébrase a quinta edición  e podemos afirmar que este evento e un espazo de referencia do novo emprendemento en Galicia e o noroeste peninsular, como amosan os preto de 200 proxectos emprendedores reais e en funcionamento que son mostra da capacidade de iniciativa e creatividade existente en Galicia e no noroeste da Península.

Esta é Kore, a imaxe de 2018, que fai referencia a deusa grega da iniciativa e a curiosidade.
Esta é Kore, a imaxe de 2018, que fai referencia a deusa grega da iniciativa e a curiosidade.
  • "E qué pode facer Pont-Up polo meu proxecto?", dirás ti como emprendedor e eu asegúrote que moitísimas cousas!

Para comezar durante estas xornadas terás a oportunidade de asistir a moitas charlas e presentacións moi interesantes e de grandísimo nivel sobre diferentes aspectos do emprendemento.

Tamén terás a posibilidade de presentar en público o teu proxecto a importantes empresas e entidades galegas para que te acheguen as súas impresións, esto é o que se chama Puntazo Exprés.

O mellor é que queres amosarnos en vivo e en directo as túas habilidades ou demostracións dos teus produtos, pois aqui tamén tés un espazo para que o fagas.

E por último Pont-Up ofrece un espazo gratuito para que druante os dous días do evento deas a coñecer a túa empresa e/ou vender se tes produto. Ademáis poderás desenvolver actividades dentro do teu tenderete, independemente das do programa de dinamización que se levarán a cabo no espazo central do Pont-Up. 

Toda, todiña a información sobre Pont-Up Store podes consultala na súa web, aquí.

Presentación Pont-Up Store 2018
Foto: Alba Sotelo

 

Esta imaxe é desta mesma semana en Pontevedra durante a presentación aos medios da nova edición 2018. E ainda que eu non aparezo na foto cóntovos que este ano tiven o inmenso honor de que me ofrecesen ser membro do Comité Organizador. 

Entre as miñas labores como "embaixadora" do Pont-Up é pensar en formas de dinamizar este evento (que algunha cousiña moi especial xa andamos a rumiar...), elexir ós participantes para este 2018 pero sobre todo, toooodo é que como antiga participante vos anime a participar, porque merece moitísimo a pena, amigos emprendedores!!!!

Pont-Up Store 2017 SomosOcéano stand
Foto: Alba Sotelo

 

 

Mirade que guapiña estaba no tenderete de SomosOcéano dentro do Pont-Up o ano pasado! Jajaja 

Para que vexades, durante esos dous días en Pontevedra fixemos entrevistas para diferentes medios (ata unha conexión en directo na TVG!!!), atendimos a un feixe de xente que quería coñecer os nosos productos, falamos con rapaces de diferentes ciclos formativos sobre a grande aventura que é montar a nosa propia empresa e coñecimos a outros emprendedores a mar de riquiños (ó noso lado estaban May e as súas preciosas bonequiñas de Woodding e a arquitecta María Ferreirós explicando que é a bioconstrucción...) e todo isto DE BALDE!!!

 

Pero é que no ano 2016 participei no Puntazo Expres (o que vos contaba de presentar o teu proxecto (a diferentes entidades e grandes empresas galegas). Foi unha experiencia moi fructífera porque déronme puntos de vistas cos cales non contaba e incluso con algún deles tivemos xuntanzas posteriores para asesorarme! Moi guay! Non ven ó caso pero estoume a decatar que levo o mesmo pantalón en 2016 e 2017 jajajajaja

 

Así que amigos emprendedores supoño que estaredes súper convencidos de que tedes que enviar a vosa candidatura para participar na quinta edición de Pont-Up Store: vémonos en setembro!!!

Ana, armadanzas en SomosOcéano

Escribir comentario

Comentarios: 0