SomosOcéano no programa Ti verás da TVG

somosocéano en el programa ti verás de la TVG

Que o Departamento de Estilismo dun programa de tanto éxito como o concurso Ti verás, emitido pola Televisión de Galicia, confíe en nós para os seus looks foi todo un honor. O xornalista Rodrigo Vázquez presenta este concurso diario onde unha parella pode levar unha morea de cartos se acerta todas as preguntas e escolle as bonecas axeitadas. As tardes da televisión galega están cheas de bo humor, cartos e preguntas curiosas, e durante uns días tamén estiveron cheas do noso algodón bonito! Moitas grazas a todo ó equipo do programa e en especial a  Tamara, Alejandro e Rodrigo: sodes xa parte da familia do océano! :-)

Podedes ver todos os programas pinchando aquí e abaixo deixámosvos un pequeno resumo das aparicións das nosas prendas... e por si acaso preguntades: si, Luis Piedrahita subastou a súa vesícula...

Camiseta illas Cíes

Os detalles son os que marcan a diferenza, e neste caso o toque ven dado por un rechamante pano vermello na chaqueta. Simplemente con este xesto, máis unha camiseta tan chula coma a nosa das Illas Cíes, combinada con prendas neutras, consegue un look moderno pero á vez con moito estilo.

camiseta ciclogénesis

De novo un look onde os básicos toman o protagonismo: pantalóns de corte recto, con americana de bo corte e unha camiseta para restarlle seriedade. Para coroar o look, unhas zapatillas chulas e xa non hai nada que se te resista.

camiseta praias

Quen dixo que o denim non pode usarse para looks máis arranxados? Americana en azul índigo combinada con pantalóns de corte slim e a camiseta Praias forman un conxunto perfecto para eses días que tés que ir máis preparado pero non queres perder frescura.

camiseta Riquiño

Coa nosa camiseta Riquiño é sinxelo acadar un aire afrancesado! Unha preciosa americana azul descontruída, con pantalóns beis, o toque de cor cun reloxo vermello e o look máis riquiño xa está en marcha. As camisetas de raias nos homes quedan de 10!


Escribir comentario

Comentarios: 0