Calcetíns edición especial Mondoñedo

Portada Calcetines Mondoñedo

Estamos encantados de presentarvos este traballo que fixemos para o Concello de Mondoñedo. A premisa era clara: plasmar en algodón o patrimonio e o sentimento do concello máis grande da Mariña lucense.

A treboada de ideas rematou con tres claros gañadores: a impresionante catedral de Mondoñedo, a súa deliciosa e típica tarta de améndoas e a festa de As San Lucas, a festa máis antiga de Galicia xa que data do ano 1156!, para plasmarse en dous preciosos modelos de calcetíns.

ONDE ATOPAR ESTES CALCETÍNS?

Na Oficina de Turismo de Mondoñedo, Praza da Catedral, 34

O primeiro deles é o que chamamos modelo Rosetón: con base en algodón negro amosa un dos elementos máis característicos da catedral, a súa vidrieira central. A catedral, do século XIII, foi declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO e forma parte do conxunto histórico artístico do casco vello mindoniense. O detalle chulísimo dos calcetíns é que nas puntas puxemos a palabra Mondoñedo, a que é un detalle riquiño?

E o segundo modelo é o que chamamos Cabalos e Tartas. Está feito nunha base de algodón en cor verde vibrante e leva na parte superior unha letra M moi grande coa tilde da letra ñ para identificar a Mondoñedo e un patrón que mistura os cabalos de As San Lucas e a saborosa tarta de Mondoñedo. Tamén leva na punta o detalle do nome do concello 🙂

Se quedáchedes namorados destes modelos (cousa normal porque son unha chulada!) sabede que podedes atopalos na Oficina de Turismo de Mondoñedo (982 507 177) e presumir de calcetíns mindonienses.

Calcetines edición especial Mondoñedo
Á esquerda o modelo Rosetón e a dereita o deseño Cabalos e Tartas.

Moitas grazas tanto a Elena Candia, do Concello de Mondoñedo, como a Alejandro Teijeiro da tenda Calenda polo seu apoio e ideas para estes deseños.

E xa postos se vos pasades por Mondoñedo, aquí tedes unha chea de plan interesantes e divertidos para coñecer máis ao fondo o concello:

  • Visitar a Catedral e o seu patrimonio cunha completa visita audioguiada.
  • Percorrer o centro histórico coas súas iglesias, mosteiros, pazos, prazas…
  • Visitar a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro.
  • Visitar o Centro de Interpretación da Imprenta.
  • Coñecer o singular Barrio de Os Muíños cós seus obradoiros artesáns.
  • Degustar a empanada, o pan e a riquísima tarta de Mondoñedo acompañado dun rico café.
  • Tapear polos bares.
  • Visitar a Cova de O Rei Cintolo.
  • Camiñar polas súas rutas para atopar xoias como o Salto do Coro, O Vilar, A Fervenza, Castro de Zoñán, A Toxiza…
  • Visitar As San Lucas o 17 e 18 de outubro.

Algunhas aparicións en prensa desta colaboración có Concello de Mondoñedo:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable del tratamiento: SomosOcéano
Finalidad: Permitir que el usuario publique un comentario.
Derechos: Acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, de limitación y oposición a su tratamiento, así como otros detallados en la información adicional sobre protección de datos.

Abrir chat
Hola 👋 , ¿en qué podemos ayudarte?