Día das letras galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

Día das letras galegas 2023 Francisco Fernández del Riego

O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos despois do seu falecemento. A data da celebración, o 17 de maio, débese a que tal día como este pero en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra “Cantares gallegos”, da escritora Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento, o renacemento cultural en Galicia.

O ano 2023 está adicado á ilustre figura de Francisco Fernández del Riego (1913-2010). Naceu en Vilanova de Lourenzá pero pasou a maior parte da súa vida en Vigo. Escritor, político e intelectual xurdido arredor do grupo Nós sempre a favor da cultura galega era fundamentalmente nas súas propias palabras “un vigués máis”.

Na súa mocidade estudiou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e dende moi pronto despuntou como un grande activista cultural. Unha vez terminados os seus estudos comezou a traballar na Universidade de Santiago coma mestre adxunto.

Debido ao seu compromiso político e tras o comezo da Guerra Civil en 1936 foi destituido coma profesor e inhabilitado para exercer a docencia. Unha vez rematada a guerra trasladouse á cidade de Vigo para exercer coma abogado e na clandestinidade tratou xunto con outros intelectuais de reconstruir o galeguismo.

Xunto con Ramón Piñeiro e Jaime Isla Couto impulsou a fundación da Editorial Galaxia en 1950 que supuxo o comezo da recuperación cultural e resultou ser un dos proxectos de maior calado na historia contemporánea do país; e a raíz dela naceu en 1963 a revista Grial que tería que sortear a censura para poder publicarse.

En 1960 Francisco Fernández del Riego ingresou una Real Academia Galega, unha institución que neses momentos vivía dentro da semiclandestinidade. E foi precisamente el o impulsor dunha celebración anual adicado a un escritor, o Día das Letras Galegas. Foi tamén o responsable de que Álvaro Cunqueiro voltase a escribir en galego ou que se publicase o libro Longa Noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.

Ademáis dende 1997 ata 2001 foi presidente da Real Academia galega.

Foi director da Biblioteca Penzol, unha institución especializada en temática galega, na que traballou prácticamente ata o final da súa vida. Contan que axudaba directamente aos xoves investigadores a coñecer a historia de Galicia porque encantáballe o contacto coa mocidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable del tratamiento: SomosOcéano
Finalidad: Permitir que el usuario publique un comentario.
Derechos: Acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, de limitación y oposición a su tratamiento, así como otros detallados en la información adicional sobre protección de datos.

Abrir chat
Hola 👋 , ¿en qué podemos ayudarte?