Sí. Puedes escoger esta opción cuando estés en el Carrito de Compra.
Recuerda que para que entreguemos tu pedido al día siguiente tendrás que hacerlo antes de las 15:00hs para que nos dé tiempo a prepararlo y que no se hacen entregas en sábados ni festivos.
Xa que estamos có azucre e o amor ata arriba porque achégase o 14 de febreiro queremos propoñerche unha sesión de cea romántica na casa, velas e unha destas pelis que recomendámosche (non son as típicas pelis de San Valentín, vaia por diante esta aclaración):
–Palms Springs (2020). Esta película é unha especie de O día da marmota pero cunha voda polo medio. Divertidísima. –Catro vodas e un funeral (1994). Un clásico do humor inglés con Hugh Grant e Andie MacDowell como estrelas. –Call me by your name (2017). Sensualidade, calor, Italia e dous protagonistas dispostos a sentir e amar nun apaixonante verán. –La ley del deseo (1987). Pedro Almodóvar asina este film cheo de pasións explosivas. –La novia (2015). Baseada na obra Bodas de sangre de Federico García Lorca non é apta se buscas finais felices. Iso si, igualmente é unha marabilla.
E se queres sorprender á túa parella cunha agasallo, aquí tes unha lista dos nosos favoritos para esta data:
Sen dúbida os nosos modelos máis amorosos. Estes calcetíns están cheos de noivos, noivas, aneis e corazóns… un pouquiño cursi pero lembra que é o día máis almibarado do ano! JajajajaRepunante. Así tal cual. Porque pódeslle poñer un pouquiño de humor a este día e escoller este modelo para a túa parella, porque ainda que sabes que é un pouquiño repunante é o teu repunantiñx preferidx.Un clásico que nunca falla. Calquera das nosas versións da camiseta Riquiña son un agasallo perfecto para o 14 de febreiro. Ademáis este modelo da imaxe está con descontiño (para que aforres para a cea romántica).E xa que falamos de aforrar uns cartiños, sempre podes escoller un dos nosos lotes de calcetíns xa que están sempre a un prezo especial. Tes moitas opcións para elexir, date unha volta pola sección de Packs de Agasallo!Suaviño algodón e clásicas raias mariñeiras en vermello e azul, esta camiseta é perfecta para ese riquiño que che fai sentir cóxegas no estómago. Dende a talle XS ata a XXL.