Os agasallos máis cool para este Nadal: os nosos chulísimos calcetíns!

Guía de agasallos de Nadal de SomosOcéano

Queridos seguidores e seguidoras, é o momento de elexir os mellores agasallos de Nadal e Reis para a vosa xente.
E qué mellor que cun detalliño de SomosOcéano? Aquí tes algunhas ideas perfectas para os amantes dos ximnasios, os nostálxicos, os cinéfilos, familias… E lembra que se mercas 4 pares (ou 8, 12… en definitiva un múltiplo de 4) veñen presentados nunha caixiña decorada ideal para poñer debaixo da árbore e ser o que fai os agasallos máis guais! Aparta Baltasar que aquí chegan os reis máis molóns!!!!!

1.- Calcetíns galegos en cor azul, en cor verde e en cor gris.
2.- Calcetíns Cadros azul.
3.- Calcetíns Cadros verde.
¿Sabes que a inspiración para estes modelos de Cadros son as típicas batas das avoas e nais galegas? Son o maior dos nosos referentes❤️❤️❤️
1.- Calcetíns Repunante: si, son repunantiños pero igualmente son todo amor. Quen non ten un repunante na casa? Hahahaha pois este é o seu agasallo perfecto.
1.- Calcetíns ata o xeonllo modelo Fentos.
2.- Calcetíns ata o xeonllo modelo Nécoras azul mariño.
3.- Calcetíns deportivos Ovella.
4.- Calcetíns deportivos Carneiro.
Pero se ainda así queres máis calorciño para un friorento aposta polos calcetíns feitos en la merino e cashmere: probalos é non querer xa outros! Vivan os pés quentiños.
1.- Suadoiro Nécoras megaaa quentiño (e con calcetíns a xogo!).
2.- Camiseta Paraíso: con moito brillo fucsia que a vida hai que vela en cores brillantes!
3.- Camiseta de algodón en cor azul modelo Surf con para el e para ela.
5.- Lembra que quedan moitas opcións na zona Outlet a un prezo IN CRÍ BLE.
1.- Calcetíns Camarón en talle de adulto 36-40 e 41-45.
2.- Calcetíns Camarón para nenos con talles 26-30 e 31-35.
3.- Os calcetíns máis pequerrechiños, o modelo Camarón para bebés de 0-3 e 3-6 mesiños.
4.- Tamén tes outras opcións de calcetíns para nenos e para bebés, todos eles poden ir a xogo cós calcetíns de adultos para que toda a familia vaia a xogo.
1.- Calcetíns Tigres burdeos.
2.- Calcetíns de la merino e cashmere modelo Marexada en azul mariño.
3.- Calcetíns Ovella e Carneiro, cada pé ten un deseño diferente!
4.- Calcetíns Galo e Galiña, cada pé ten un deseño diferente!
5.- Calcetíns de la merino e cashmere modelo Marexada en mostaza.
6.- Calcetíns de raias Barco.
1.- Calcetíns Mujeres al borde de un ataque de nervios.
2.- Calcetíns Volver.
3.- Calcetíns deportivos Pedro.
4.- Calcetíns Madres Paralelas.
Lembra que se mercas os catro modelos da colección El Deseo x SomosOcéano irán nunha lata con etiquetaxe especial conmemorativo desta alianza: un agasallo xenial para os amantes do cine!
1.- Calcetíns Panda en cor verde: o primeiro modelo coa Porquiña!
2.- Calcetíns Rock negro: o xabarín máis roqueiro da televisión está aquí.
3.- Calcetíns deportivos Xabarín Club en cor blanco e verde.
4.- Calcetíns Xabarín Club deportivos en azul marino e amarelo: e ti xa eres do clube?
O agasallo perfecto para os máis nostálxicos da casa son os calcetíns da colección Xabarín Club x SomosOcéano. Se botan de menos as merendas de pan con chocolate ou bocata de chourizo, as tardes interminables coa Onda vital e cantando por Carmiña Vacaloura, este é sen dúbida o seu detalle perfecto que vai redondear calquer agasallo. Por fuciños, por cacheiras!

E lembra que os calcetíns de SomosOcéano, unha pequena marca galega, son ante todo deseños propios e orixinais sacados da cabeciña de dúas persoas altamente apaixoadas polos calcetíns, pensados en Galicia e fabricados moi preto, no norte de Portugal (xa se sabe iso de que os nosos veciños lusos son do mellorciño traballando o algodón), feitos con materiais naturais coma algodón, algodón peiteado, lana merino e suave cashmere. E que son calcetíns ultra cómodos porque ademáis non teñen costura na punta e así non fan pupas nas dedas dos pés. En definitiva, un produto de moda dunha altísima calidade que estamos seguros de que che van acompañar durante moito tempo no teu armario porque están feitos para durar e ser disfrutados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable del tratamiento: SomosOcéano
Finalidad: Permitir que el usuario publique un comentario.
Derechos: Acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, de limitación y oposición a su tratamiento, así como otros detallados en la información adicional sobre protección de datos.

Abrir chat
Hola 👋 , ¿en qué podemos ayudarte?