Repasando os deseños que temos e xa pensando no vindeiro outono-inverno caimos na conta de canto nos gustan as prendas de raias. Non só porque deseñemos para SomosOcéano unhas camisetas de raias preciosas senón que dímonos conta que temos un montón de xerseis e camisas raiadas doutras marcas e deseñadores que son básicas no nosos armarios. Porque non nos digades que as camisetas de raias non son versátiles, prácticas, estilosas: queredes máis argumentos para amar estas prendas tan xeniais tanto coma nós?
Pero non só en SomosOcéano estamos prendados das camisetas de raias; esta peza é un básico que verdadeiramente non pasa de moda porque como veredes no post que estades a ver, dende principios de século actores, actrices, cantantes e personalidades de todo tipo e de tódolas épocas son fans das camisetas raiadas. Facendo este post estivemos a piques de voltarnos tolos porque hai unha cantidade inmensa de material! Así que fixemos unha selección para que vexades as múltiples posibilidades que ten esta prenda e vos animedes a añadila tanto aos vosos conxuntos máis arranxados coma para os máis casuais.



Kurt Cobain, cantante e máximo expoñente do grunge, Jenna Lyons, CEO e deseñadora de J.Crew, Marlon Brando, actor, Michiel Huisman, actor (o mellor sen barba non o recoñecedes, é Daario Naharis en Game of thrones), Mick Jagger, cando era un pimpín en The Rolling Stones, Wallis Simpson, socialité estadounidense e que case acaba cós alicerces da monarquía inglesa, Miranda Kerr, modelo, Picasso, artista, Robert Downey Jr, actor, Emma Watson, actriz, Robert Reford, un dos actores con máis presenza de tódolos tempos, e Ryan Gosling, actor.