Que vos parece se soñamos un pouco? Imos preparar unha fantástica maleta para as nosas vacacións de Semana Santa e por suposto, non poderían faltar as prendas de SomosOcéano rodeadas de marcas que apoian a moda sostible dunha ou outra maneira. Animaste a viaxar con nós a Tokyo, New York, Hawaii e Saint Tropez?
Para visitar a cidade máis futurista do mundo quedaría xenial levar a camiseta das Illas Cíes para presumir de paraíso natural, a modo de contraposición. Unhas boas zapatillas veganas coma as de Veja, calcetíns Mimosas e bolsa de Ecoalf para ir cargado coa cámara de fotos, o dicionario e todos os agasallos para a familia.Un look cómodo, fresquiño e con sorna. A nosa camiseta Cunchas está confeccionada en algodón orgánico, ten moito movemento e resulta perfecta para pasar unha xornada na praia. Os shorts son de HM Conscious e están confeccionados tamén en algodón orgánico e as chanclas son da colección vegana de Toms.New York esixe dar unha imaxe cosmopolita e urbana e o noso suadoiro Depende da no cravo. Os pantalóns son de H&M Conscious e están confeccionados parcialmente en algodón y poliéster reciclados, calcetíns con polbos en cor viño e gafas de sol de Root Sunglasses fabricadas en madeira de ébano.A Costa Azul remítenos a paz, calma pero ó mesmo tempo looks cun toque chic, por iso a camiseta Mariñeira é imprescindible na túa maleta. Os pantalóns azuis son de Zara, da súa colección sostible, Join Life e están confeccionados en Tencel. As sandalias son da casa Castañer, unha das marcas máis importantes en calzado tradicional.