Por fuciños, por cacheiras! Chegou un dos nosos momentos favoritos do ano: o lanzamento da prevenda da colección de calcetíns Xabarín Club. E esta tempada ven cargadiña de novidades que non vos podedes perder! Segue lendo para non perderte nada nadiña.
A partir de hoxe podes encargar xa os teus modelos favoritos de calcetíns desta colección e comezaremos o envío dos paquetiños a partir de mediados do mes de novembro: e non o penses moito porque coma sempre facemos unha edición limitada de pares, así que para non quedar sen eles bule xa pinchando neste enlace.
Nesta ocasión as cores protagonistas son os azuis mariños e os verdes e obviamente a estrela dos deseños é o emblemático Xabarín, pero esta vez non ven so senón que a mellor mascota do mundo da televisión estará acompañado dos seus mellores amigos: Porquiña e Porquiños.
Fixemos dous modelos deportivos que son perfectos para os conxuntos más urbanos e desenfadados e dous modelos de vestir en cor negro e en cor verde: o modelo Deportivo azul mariño e amarelo ten un lixeiro canalé e leva a Xabarín na parte superior do calcetín; o modelo Deportivo branco tamén está composto por un suave canalé e detalles en contraste en verde e amarelo có logotipo do programa no nocello; o modelo Rock en cor negro vai ser dende xa un dos vosos favoritos porque con este cor neutro sempre queda ben; e finalmente o noso favorito que é o deseño Panda cheo cós mellores amigos de Xabarín, Porquiño e Porquiña. E como sempre lembra que esta colección de SomosOcéano é un produto oficial (non aceptes imitación hahahaha).
O programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia comezouse e emitir no ano 1994 e sabemos por experiencia propia que marcou a varias xeracións de galegos que unimos inevitablemente o momento da merenda fronte ao televisor con debuxos animados tan divertidos como Doraemon, Bola de Dragón ou Gatocan e por suposto cós videoclips máis animados e, nalgunhas ocasións, bizarros cós que acompañar rítmicamente o bocadillo. Xabarín Club é un programa que traspasou xeracións e coa súa mascota protagonista e os seus amigos implantaron nos nosos cerebros lemas tan recoñecibles como “Oink, oink!”, “Por fuciños, por cacheiras!” ou o mítico “E ti xa eres do clube?”
Así que se ti tamén eres do clube e o rock and roll corre as túas veas grazas a este programa infantil xa podes lucir con moito orgullo a nova colección de calcetíns de Xabarín Club.